Vigo al minuto

O Goberno local anuncia un plan de humanizacións e asfaltados no rural cun orzamento de máis de 3 millóns de euros

O segundo tenente de alcalde e concelleiro de Fomento vén de anunciar un “ambicioso” plan de humanizacións e asfaltados no rural que prevé 73 actuacións en todas as parroquias da cidade.

David Regades  explicou, estes traballos se desenvolverán ata 2019 e contan cun orzamento superior aos 3 millóns de euros e engadiu que  “este programa é unha mostra da vontade do Goberno local de buscar un Vigo igualitario con melloras importantes no casco urbano e no rural”.

Así mesmo, explicou o protocolo de seguimento que fai o Concello das actuacións de reparación que se desenvolven nas distintas zonas da cidade, con catro cuadrillas traballando de xeito permanente, “dúas no casco urbano e outras dúas nu rural” e amosou un modelo de informe que semanalmente realizan técnicos municipais detallando as actuacións que se realizan, cronogramas, materiais e tempo de reparación. O informe inclúe, asi mesmo, fotografías do antes e do despois das zonas nas que se actúa.

También te puede interesar