vigoalminuto.com - Tu peridico digital

@depo_es destina 117.000€ á formación de emprendedores en Barro, Lalín, Vilagarcía , Pontevedra e Vigo

Posted by on Abr 15th, 2018 y archivado abajo Comarcas, Portada, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

O Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a adxudicación, mediante procedemento aberto, do servizo de formación para emprendedores no marco do proxecto DepoEmprende 2017, que segundo informou a presidenta “ten un importe de 117.232 euros”.

Carmela Silva engadiu que “é un proxecto aprobado pola Fundación Incyde e cofinanciado polo Fondo Social Europeo”. As persoas beneficiarias serán persoas desempregadas da provincia de Pontevedra priorizando colectivos con maior risco de exclusión no mercado laboral (menores de 30 anos, mulleres, maiores de 45, persoas con disfuncionalidade, persoas pertencentes a colectivos en risco de exclusión social).

“DepoEmprende 2017 é un proxecto que ten por obxectivos fomentar o emprendemento, promover a incorporación ao mercado laboral e desenvolver competencias emprendedoras que axuden ás persoas desempregadas a buscar mecanismos de empregabilidade”.

Os módulos formativos impartiranse en Barro, Lalín, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra, dúas edicións, e Vigo, outras dúas.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM