Comarcas

@depo_es achega 265.000€ a Redondela, por medio do ‘Plan Concellos’, para a contratación de 20 persoas

O Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar unha nova achega da liña 3, para o fomento do emprego e para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais, do “Plan Concellos 2018”. E nesta ocasión será o Concello de Redondela o que reciba un investimento co que poderá contratar a 20 persoas.

Concretamente, a Deputación investirá en Redondela 265.214,76€ cos que poderá contratar a 20 persoas para elaborar traballos de conserxería, guía turístico, tarefas administrativas, xardinería, electricidade, prevención de riscos profesionais e na biblioteca.

Este ano, a liña 3 do Plan Concellos está dotada de 9.540.000€, un 2,5% máis que no 2017. Con esta achega ao concello de Redondela, tal e como anunciou Carmela Silva “xa está concedido o 88,8% da liña 3, beneficiando a 54 concellos da provincia e empregando a 991  persoas”.

También te puede interesar