'Qué te cuentas?' Vigo al minuto

¿Crise? ¿Qué crise?…Audasa, concesionaria da AP-9 gañou o ano pasado 44 millóns de euros

Así é, e iso que tanto dende o Goberno do Estado coma dende o de Galicia fanse declaracións adiantando hipotéticas sancións, sexa pola falla de mantemento, polas retencións nas peaxes nos meses de verán, ou polo feito de que varios dos treitos da AP-9 son os máis caros de España para circular.

Esas sancións non chegan nunca e, ao mesmo tempo que Audasa é a concesionaria que máis queixas e reclamacións ten ou a que menos traballadores emprega, permítenselle subas das peaxes coma a do pasado mes de xaneiro de preto dun 4%- un 1,9% polo IPC, outro 1% polo establecido no de 2011 para recuperar a inversión nas obras de ampliación da autoestrada e un 0,9% maís para “compensar a bonificación establecida en 2013 a aos viaxeiros entre Vigo e Pontevedra”

A estas cantidades aínda haberá que sumar o incremento para compenar a Audasa pola supresión da peaxe a  Redondela, por certo o máis caro de toda a rede de autoestradas de España.

También te puede interesar