vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Cambios na dirección da área sanitaria de Vigo da que pasan a formar parte cinco mulleres

Posted by on Abr 6th, 2018 y archivado abajo Ciencia y Tecnología, Portada, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

De esquerda a dereita, a subdirectora de Procesos sen Ingreso e Urxencias, Reyes Díaz; a subdirectora de Procesos de Soporte, Sabela Lariño; a directora de Procesos con Ingreso, Esther Casal; o xerente, Félix Rubial; a subdirectora de Procesos de Enfermaría, Beatriz Fernández; a directora de Procesos Asistencias, Mar Vázquez; e o subdirector de Procesos de Enfermaría, Xoán Hermelo

A Área Sanitaria de Vigo ven de introducir cambios no seu equipo directivo,  que este venres foron presentados oficialmente polo xerente, Félix Rubial, ás xefaturas dos servizos médicos, aos responsables de enfermaría e das distintas Unidades da organización, así como   á Xunta de Persoal.

Neste contexto, nomeouse á doutora Mar Vázquez como directora de Procesos Asistenciais, e a súa vacante como directora de Procesos con Ingreso é ocupada pola  doutora Esther Casal -ata a data subdirectora de Procesos de Soporte- que a súa vez é substituída pola doutora Sabela Lariño.

A nova directora de Procesos Asistenciais, Mar Vázquez Salvado, viña ocupando a dirección de Procesos con Ingreso da EOXI de Vigo  nos últimos catro anos.

Esther Casal Rodríguez, ata agora subdirectora de Procesos de Soporte, será quen substitúa á anterior na dirección de Procesos con Ingreso.

A nova subdirectora de Procesos de Soporte, Sabela Lariño Noia, médica do servizo de Admisión do Complexo Hospitalario de Pontevedra, traballou moitos anos no Meixoeiro, hospital do que foi responsable de Control de Xestión e da Subdirección médica.

Outra das subdirectoras que hoxe presentáronse oficialmente foi a de Procesos sen Ingreso e Urxencias, á doutora Reyes Díaz Lambarri, que xa se incorporara ao equipo hai unhas semanas. Toda a súa carreira profesional está ligada á Atención primaria na área sanitaria de Vigo, como médico de Familia no centro de saúde de Rosalía de Castro e no Punto de Atención Continuada (PAC) de Redondela.

As dúas subdireccións de Procesos de Enfermaría con Ingreso son ocupadas por Xoan Xosé Hermelo Millán  -ata agora supervisor da área médica do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI)-, e Beatriz Fernández García  -que viña desempeñando o cargo de supervisora da área Materno Infantil do Complexo vigués -.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio
Publicidad de Vigo al minuto 2
ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM