Comarcas

Redondela acolle a presentación dunha iniciativa que ten coma obxectivo impulsar o medio rural en 14 concellos da provincia de Pontevedra

A tenente de alcalde de Redondela, María del Carmen Ameordo, recibiu aos membros da Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural, que presentaron no Multiusos desta localidade o proxecto ‘Creando Rural’, un concurso escolar participativo dirixido a alumnado de educación infantil e primaria dos máis de 100 centros educativos públicos, concertados e privados dos 13 concellos que conforman o territorio do GDR 14 (Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, A Guarda, Mos, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, Redondela, O Rosal, Tomiño e Tui).

Neste acto de presentación participaron os nenos e nenas de 2º de primaria do CPR Plurilingüe Vigo, de Redondela, unha representación do público ao que vai dirixido este certame que quere “valorizar o medio rural” e “ver como é para os cativos e cativas vivir no rural, xa que seguro que nos achegan unha visión diferente”. “Esperamos que a través da ollada dos nenos e nenas poidamos ver as persoas adultas outro rural”, salientou a alcaldesa de Tomiño, e presidenta da Asociación, Sandra González.

Á presentación, na que Maria del Carmen Amoedo subliñou a importancia de “darlle pulo” á zonas rurais de cada concello, que no caso de Redondela  “son unha parte fundamental do noso territorio, da nosa personalidade e da noso xeito de vida”, acudiron o concelleiro de Madio Ambiente de Redondela,  Miguel Ángel Álvarez, a concelleira de Cultura, Teresa París, a alcaldesa de Oia, Cristina Correa, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira; así como os concelleiros Alfonso Ventín, de Fornelos de Montes, José Ángel Bahamonde, de Baiona e Julia Loureiro, de Mos.

También te puede interesar