Ciencia y Tecnología Galicia

2.557.567 ‘consultas telefónicas’ ao médico de atención primaria o ano pasado en Galicia

2.557.567 de galegos usaron a ‘consulta telefónica’ ao médico de atención primaria o ano pasado, segundo datos difundidos este xoves polo Servizo Galego de Saúde (SERGAS). Son 331.218 máis que en 2016, o cal representa preto dun 13% maís, sinalan dende Sanidade.

Por especialidades, durante o ano 2017, solicitáronse un total de 2.004.134 citas telefónicas para os médicos de familia, o que representa un 13,53% do total de citas atendidas en Atención Primaria (telefónicas e presenciais). Para pediatría solicitáronse 177.655, e 306.934 para enfermería.

Hai que lembrar que a ‘consulta telefónica’ empezara a usarse en decembro de 2013 coa especialidade de medicina de familia e, en marzo de 2014, ampliouse ás outras categorías profesionais.

También te puede interesar