vigoalminuto.com - Tu peridico digital

@AsNevesConcello vive en directo a elaboración de distintos pratos no ‘I Concurso Receitas con requeixo’

Posted by on Mar 28th, 2018 y archivado abajo Comarcas, Portada. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

Estudantes de doce escolas de hostelería de Galicia e do norte de Portugal, competiron este martes, dentro das actividades da ‘Feira do Requeixo e do mel’ 2018, en As Neves, no “I Concurso Receitas con requeixo’, celebrado no centro de formación profesional EFA A Cancela.

Pera confitada con requeixo e crema;  Mousse de lima con piña, fresa e requeixo ou  Cheesecake de requeixo con xelatina foron varias das propostas que os futuros cociñeiros tiveron que rematar en 45 minutos, ao tempo que o xurado tiña en conta a súa dificultade, orixinalidade, sabor e presentación.

O nome da gañadora ou gañador se coñecerá este venres, día 30, o día grande da Feira do Requeixo e do Mel, antes da lectura do pregón-que coma adiantara vigoalminutoestará a cargo de Lucía Freitas, do restaurante ‘A Tafona’, de Compostela, e integrante do ‘Grupo Nove’, que cociñará, en directo, na Praza Maior, xusto antes de que chegue o momento da degustación do Requeixo.

O gañador recibirá un premio de 200€, unha fin de semana no hotel da natureza Nande e outra de prácticas nun restaurante; o segundo clasificado terá un premio de 100€ e dúas degustacións de lamprea en dous restaurantes de As Neves e Arbo.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM