vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Un tercio dos galegos maiores de 65 anos ten disfunción erectil unha idade que decende en pacientes con artrites

Posted by on Mar 26th, 2018 y archivado abajo Ciencia y Tecnología. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

A disfunción  eréctil en pacientes con artrite reumatoide foi o problema que se tratou no obradoiro de debate que se celebrou no Hospital Álvaro Cunqueiro, no que se abordou a relación desta patoloxía ou dos seus tratamentos coa aparición dos problemas funcionais en homes.

O obradoiro estivo organizado pola Asociación de Enfermos con Artrite da Provincia (Asearpo) xunto co servizo de  Uroloxía do  Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI). Na reunión participaron preto de trinta persoas pertencentes á asociación, que expuxeron as súas dúbidas sobre a cuestión ao  urólogo Rubén Montero.

Os datos obxectivos de que dispón o Servizo de  Uroloxía do  CHUVI poñen de manifesto que uno de cada tres homes maiores de 65 anos na área viguesa padecen problemas de disfunción eréctil. Unha idade que no caso dos pacientes con artrites descende considerablemente.

A presidenta da Asociación, Mabel Avendaño, indicou que “temos asociados con problemas de disfunción en idades moito máis temperás, a partir dos 35 ou os 40 anos”.

A disfunción  eréctil caracterízase pola achega insuficiente de sangue ao pene para que este poida ter unha erección ante un estímulo sexual. As causas poden ser moitas e complexas, tanto anatómicas como  neurolóxicas. E un dos supostos nos que se produce é  nos pacientes que sofren artrite.

“O que se descoñece en moitos casos é se a disfunción é consecuencia directa de padecer a enfermidade ou se, pola contra, prodúcese polos efectos secundarios de determinados fármacos que se utilizan para os tratamentos da artrite, porque non todos os enfermos teñen ese problema asociado”, explica a presidenta de  Asearpo.

O obxectivo destes encontros con pacientes como o realizado no Álvaro Cunqueiro é despexar as dúbidas que poidan ter os afectados pola disfunción e que padecen artrite. De aí a importancia de compartir experiencias e explicacións cos especialistas en Uroloxía.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio
Publicidad de Vigo al minuto 2
ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM