Galicia Sucesos

Rotas as negociacións para acabar coa folga na Xustiza que achégase aos dous meses de duración

A folga indefinida na Xustiza pon camiño aos 2 meses de duración logo de que este luns rompesen, de novo, as negociacións entre o Goberno de Galicia e as centrais sindicais convocantes do paro.

As posturas económicas según moi lonxe unha da outra, o Goberno galego segue ofrecendo o mesmo que ofrecía na última xuntanza, tal e como informara vigoalminuto: 135€ ao mes para forenses, 133 para os xestores, 108 para os tramitadores e 105 para os corpos de auxilio, fronte a 180€ que reclaman os traballadores.

Esta diferencia –que é “inasumible”, según os representantes da Xunta, e o feito de que os sindicatos trouxeran  novas demandas-sinalaron os mesmos representantes- como reducir de tres a dous as anualidades para que se concrete a subida, ou pedir que neste 2018 se pague o 70% da mesma, son as causas polas cales as negociacions racharon.

Esta opinión é xusto a contraria da que defenden as centrais sindicais dende os cales subliñase que  180€ de suba “son asumibles e asumíronos outras comunidades”.

También te puede interesar