vigoalminuto.com - Tu peridico digital

‘Diálogos 90’ recibirá a Medalla da Cidade na gala dos Vigueses Distinguidos o vindeiro 3 de abril

Posted by on Mar 26th, 2018 y archivado abajo Cultura, Portada, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

O Pleno do Concello aprobou este luns as propostas de nomeamento de Medalla da Cidade e Vigueses Distinguidos deste ano, que serán entregados na gala que se celebrará o 3 de abril.

Na súa intervención ante o Pleno, o alcalde salientou os méritos da Asociación Diálogos 90 para ser acreedora da Medalla da Cidade, subliñando que leva 28 anos traballando pola igualdade e visibilizando a labor das mulleres en distintos eidos.

Os Vigueses Distinguidos deste ano recaen en Agarimo (entidade fundada en 1997), no Club Montañeros Celtas (que cumpren 75 anos), no Centro Comercial Coia 4 (que celebra o seu 40º aniversario), na Asociación de Veciños Praza da Miñoca (con 20 anos de vida), no Coruxo FC (fundado en 1930) e a Rosario Pérez Montes (traballadora social no albergue do Concello de Vigo).

O Concello outorga este ano outras dúas distincións ex aequo, aos colexios Doutor Fleming e Canicouva (que cumpren 50 anos na cidade) e a Ledicia Costas e Antonio Teijeiro (escritos galardonados co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil de 2015 e 2017, respectivamente).

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio
Publicidad de Vigo al minuto 2
ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM