Galicia

Sindicatos da Xustiza iran a negociar este luns, aínda que non se sabe se o Goberno de Galicia fará o mesmo

A intención dos sindicatos que están no Comité de Folga de Xustiza é sentarse a negociar este luns con representantes do Goberno de Galicia, logo de que os traballadores, en votación segreda, decidisen rebaixar a súa demanda inicial dunha suba de 190€ ao mes para todos os corpos deste sector.

Pola súa banda, como informara vigoalminuto, o Goberno galego xa anunciara hai uns días que non estaba disposto a ofrecer máis do que manifestara xa na última xuntanza: 135€ ao mes para forenses, 133 para os xestores, 108 para os tramitadores e 105 para os corpos de auxilio.

Con estas posturas, que aínda están moi alonxadas, encárase unha nova semana máis de paro en toda a Administración de Xustiza de Galicia sen que ata o degora haxa á vista un posible acordo, logo de 15 reunións.

Os sindicatos, pola súa banda, insisten en que irán a negociar e manteñen a súa convocatoria de mobilización, mañá, día 26, na sede da Xunta, en San Caetano, para que os traballadores dean o seu apoio aos seus negociadores.

También te puede interesar