vigoalminuto.com - Tu peridico digital

@depo_es pecha este martes, día 27, o prazo para anotarse a ‘Depo Aventura A Lanzada 2018’

Posted by on Mar 25th, 2018 y archivado abajo Portada, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

O martes, día 27 de marzo, remata o prazo para solicitar praza na “Depo Aventura A Lanzada” 2018, o programa de campamentos de verán no Centro de Vacacións da Lanzada.

Este campamento está destinado  nenas e nenos  nacidos entre os anos 2005 y 2010 -os dous inclusive-, que teñan o seu domicilio habitual en calquera dos concellos da provincia de Pontevedra -feito que se acreditará mediante volante de empadroamento-.

Dacordo coas súas bases, que podes consultar premendo aquí, establécense  as seguintes  11  quendas:

A  primeira quenda terá lugar do 24 ao 30 de xuño e as seguintes do 1 ao 7 de xullo, do 8 ao 14 de xullo, do 15 ao 21 de xullo, do 22 ao 28 de xullo, do 29 de xullo ao 4 de agosto, do 5 ao 11 de agosto, do 12 ao 18 de agosto, do 19 ao 25 de agosto, do 26 de agosto ao 1 de setembro e do 2 ao 8 de setembro.

O prezo por praza na actividade terá un custo de 100 € e abrangue a estadía e manutención, as actividades do campamento, o seguro e a excursión.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM