vigoalminuto.com - Tu peridico digital

O centro Daniel Castelao de Vigo gaña o concurso ‘DepoEmprende’ co seu dispositivo de localización GPS de náufragos para a frota pesqueira

Posted by on Mar 22nd, 2018 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

Un dispositivo de localización GPS para náufragos en el mar mediante radio frecuencia, ideado polo Centro de Formación Profesional Daniel Castelao de Vigo; un Centro de terapia visual do IES Johan Carballeira de Bueu; e unha iniciativa de cine combinando cinematografía con eventos deportivos do IES de Rodeira en Cangas, foron este xoves os tres proxectos premiados no primeiro Certame do programa Depoemprende na Formación Profesional, organizado pola Deputación de Pontevedra, e no que participaron cinco centros da provincia.

A presidenta da Deputación de Pontevedra súa intervención ante o alumnado e o profesorado dos centros participantes que encheron o Salón de Plenos, destacou a “altísima calidade e innovación” e mostrou a súa emoción por comprobar “unha vez máis o enorme talento dos mozos e as mozas desta provincia”.

Carmela Silva salientou que “estamos inmensamente satisfeitas de comprobar unha vez máis que temos un sistema educativo potente, con profesorado comprometido que é capaz de sumarse a proxectos de outras administracións o que nos fai ter un sentimento de optimismo. Nesta Deputación consideramos que o futuro está en mans da formación e da educación que é o único instrumento para acadar a igualdade de oportunidades e para permitir que toda sas persoas podan ter capacidade de construír unha vida”.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM