Vigo al minuto

Aprobada a adxudicación das obras para a pista de skate, BMX e Roller Vert Wall en Navia

O Goberno local vén de aprobar a adxudicación das obras da pista de skate, BMX e Roller Vert Wall en Navia. Esta instalación, cun orzamento de licitación de 300.000€ e un prazo de execución de catro meses, suporá a finalización da urbanización do actual parque, no cruce das rúas Padre Seixa e Limpiño.

O parque dará cabida á práctica de actividades vencelladas cos deportes de Roller, Skate e BMX, cunha pista de 2.000 metros cadrados, aproximadamente, dividida en dous sectores diferenciados: unha zona de bowl e outra de street. Para este gran parque de Navia xa está aprobado o proxecto de construción dunha pista de parkour cun importe de 193.119, 90€.

Esta infraestrutura deportiva vense sumar á remodelación que xa se fixo na de Barreiro, cun orzamento de 44.000€, e á remodelación da pista do Castro -pendente de informe de Patrimonio da Xunta-.

También te puede interesar