Vigo al minuto

Veciños de Teis denuncian a situacion de abandono do estacionamento público da Travesía de Foxos

A Asociación Veciñal de Teis, vén de denunciar o abandono do estacionamento público da 1º Travesía de Foxos no que, subliñan os seus responsábeis, “hai un número importante de fochancas de gran tamaño, a presenza de lixo e abundante vexetación que rodea este espazo público”.

Dende a asociación lembran que este estacionamento público, usase pola veciñanza que vai mercar ao mercado ou aos comercios da rúa Sanjurjo Badía e engaden que o abandono deste espazo público xa foi denunciado en varias ocasións desde xullo de 2016.

“En Teis, padecemos un grave problema de falta de espazo para estacionar, no seu momento acondicionouse este terreo que destinouse como estacionamento, que agora atopase nun absoluto abandono”.

También te puede interesar