vigoalminuto.com - Tu peridico digital

@MareaVigo pide seriedade sobre as cifras e a calidade do emprego anunciado no novo centro comercial da estación Thom Mayne

Posted by on Mar 21st, 2018 y archivado abajo Portada, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

O grupo municipal da Marea de Vigo sinala nunha que o tipo de negocio contido no novo espazo comercial que se está proxectando para a estación Thom Mayne, “debería estar relacionado directamente co transporte”, supoñendo dese xeito a integración entre o comercio local da zona e o propio espazo.

“A pesar de que a empresa Vialia está anunciando este novo proxecto como algo “novidoso”, na realidade tratase doutro centro comercial ao uso, exactamente igual que os demais centros Vialia que hai no resto do estado, como pode ser na estación de tren de Pontevedra, hoxe en día case abandonado”, sinalan dende o grupo municipal da Marea.

Por outra banda, para a Marea de Vigo resulta “inverosímil” que unha empresa como Auchan estea falando de creación de emprego, xa que, “día a día está demostrando ser un bo exemplo de precarización das condicións laborais ala onde vai” explica Rubén Pérez.

O grupo municipal da Marea de Vigo pide que, por parte da dirección xeral de comercio, se leve a cabo xa un estudo sobre o impacto que pode ter este novo espazo no comercio local, do mesmo xeito que, tal e como pediu con respecto ao proxecto de Porto Cabral, a Xunta estude e estableza unha moratoria sobre calquera solicitude de licenza para a construción de centros comerciais que se presente no Concello de Vigo, que iría vinculada á redacción do novo PXOM.

Marea de Vigo pídelle aos promotores e mesmo ao propio alcalde “seriedade en canto as cifras de emprego que se están a barallar, xa que nin é soamente unha cuestión cuantitativa senón de calidade do emprego, nin se están tendo en conta os posibles efectos no comercio local da zona onde poden chegarse a destruír moitos postos de traballo”.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM