vigoalminuto.com - Tu peridico digital

@AsNevesConcello empeza este xoves co ‘Requeixo Miúdo’ as actividades da Feira do Requeixo 2018

Posted by on Mar 21st, 2018 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

Un ano máis As Neves volve a encherse de actividades entorno ao Requeixo e a mel, produtos estrela deste concello do Condado.

Grandes e pequenos poderán desfrutar este ano de actividades pensadas para tódolos gustos, actividades que se porán en marcha dende este xoves, día 22 de marzo coa celebración do ‘Requixo Miúdo’, una actividade pensada para que os nenos e nenas de 8 a 10 anos aprendan a elaborar requeixo e que terá lugar no centro de ensino CEIP Marquesa do Pazo da Mercé dende as 12 e cuarto, a cargo de Marta e Dorinda Rodríguez, que recuperaron a forma de facer requeixo artesanal, e José Manuel Alfonso que lles falará do proceso de elaboración do mel.

O venres 23, ás 7 e media da tarde, na Praza de Abastos de As Neves, será a hora do ‘showcooking’ de Iván Méndez, o cociñeiro que o pasado ano fíxose co premio especial de tapas sen gluten, no V Campionato de España de tapas para Gourmets, formou parte da lista de finalistas a cociñeiro do ano en Alimentaria e foi cociñeiro do Balneario de Mondariz.

Iván Méndez elaborará nesta ocasión: Chupa Chups de requeixo das Neves con mel e noces; ensalada de Flores, requeixo das Neves, salmón mariñado e aguacate e esferas de requeixo, foie e amendoa o Curry.

O domingo, día 25, a xornada estará dedicada aos amantes da natureza coa ‘Andaina do Requeixo’, duns 13 quilómetros  de percorrido, que irá polo montes, dende Cerdeira ata As Neves.

Todos os participantes poderán gozar este delicioso produto grazas a colaboración da Cooperativa do Requeixo Condado Paradanta que o remate da mesma fará unha degustación na Praza de Abastos.

Ese mesmo domingo, ás 7 da tarde, o Auditorio Municipal acollerá un concerto da Banda de Música Popular de Rubiós.

O martes, día 27, na EFA das Neves os 12 finalistas do primeiro concurso gastronómico de receitas con Requeixo para escolas de hostelería de Galicia e norte de Portugal elaborarán as receitas presentadas que serán sometidas as deliberación do xurado. Os premios serán entregados o día 30 durante a Feira.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM