Cultura Vigo al minuto

@AsNevesConcello inicia este xoves, día 22, a programación da 27ª Feira do Requeixo e do Mel

Actividades para rapazas e rapaces, ‘Showcooking’, unha andaina e unha ruta BTT, concertos, degustacións, obradoiros, mesmo ‘sesión vermú, son algunhas das actividades que abrangue este ano a 27ª Feira do Requeixo e do Mel das Neves.

A programación, que empeza este xoves, día 22, co ‘Requeixo Miúdo’, seguirá o venres da man do chef Iván Méndez, pasando ao domingo coa VII Ruta BTT ‘O Requesón’ e a ‘Andaina do Requeixo’.

O día grande será o venres santo, 30 de marzo, no que terá lugar a Feira, que se abrirá ás 11 da mañá e na que o pregón estará a cargo de Lucía Freitas, do restaurante ‘A Tafona’, de Compostela, e integrante do ‘Grupo Nove’, que cociñará, en directo, na Praza Maior, xusto antes de que chegue o momento da degustación do Requeixo.

Hai apenas unha semana, a Casa de Galicia en Madrid acolleu  a presentación da “ Feira do Requeixo e mel” de 2018, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, un acto no que o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez, salientou, logo de invitar aos asistentes a achearse a As Neves, “innovamos día a día, traballando cos mellores e as mellores, aceptando novas tendencias conservando, con enorme respecto, a orixe e implicando ás novas xeracións para medrar”.

También te puede interesar