vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Persoal de Enfermería do Cunqueiro ensina a pais e nais pautas para o crecemento evolutivo dos seus fillos

Posted by on Mar 18th, 2018 y archivado abajo Ciencia y Tecnología. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

Especialistas en enfermaría pediátrica do Hospital Álvaro Cunqueiro impartiron unha charla-obradoiro no CPR  vigués Don Bosco Salesianas para os pais e nais de nenos de Educación Infantil, baixo o título “Ayudándoles a crecer adecuadamente”.

O obxectivo desta xornada formativa, impartida pola supervisora de hospitalización obstétrica do hospital, Angelina Teijeiro, e pola EIR en Enfermaría Pediátrica, Laura Frade,  era tratar temas de interese para o desenvolvemento evolutivo e continuo dos pequenos de entre 3 e 4 anos, tanto no fogar como na escola.

O obradoiro organizouse a instancias do Centro educativo, que detectou que os nenos  desas idades están moi pouco estimulados, tal vez por un exceso de sobreprotección, e carecen das destrezas elementais que lles permitan certa autonomía, como comer solos ou vestirse sen axudas. De ahí, a necesidade de instruir aos proxenitores, para mellorar as habilidades e capacidades dos seus fillos, que lle permitan ao neno unha progresiva independencia e adaptación ao medio.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio
Publicidad de Vigo al minuto 2
ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM