Vigo al minuto

Organizan en Vigo, diante das oficinas de Gas Natural-Fenosa, este martes día 20, unha mesa informativa sobre pobreza enerxética

Logo do obradoiro impartido por María Campuzano da Alianza Contra a Pobreza Enerxética, impulsado pola Oficina de Dereiros Sociais de Coia (ODS), un grupo de persoas pertencentes a esta asociación ven de anunciar a organización dunha ‘mesa informativa’ baixo o lema: “Rematemos coa pobreza enerxética”.

A mesma será o vindeiro martes, día 20, de 10 e media a 12 e media, diante das oficinas de Gas Natural Fenosa en Vigo, situadas na rúa López Mora, número 80, dúas horas nas que, indican “estaremos denunciando os chanchullos das grandes empresas enerxéticas que controlan o acceso a subministracións básicas”.

Adeamais de amosar na rúa os abusos destas empresas, “montaremos unha mesa informativa coa que pretendemos recoller datos, situacións e demandas das persoas que acoden até alí acotío na procura de garantir necesidades básicas”, sinalan nunha nota enviada aos medios.

También te puede interesar