vigoalminuto.com - Tu peridico digital

O Concello contratará a 13 mulleres víctimas de violencia machista

Posted by on Mar 17th, 2018 y archivado abajo Cultura, Portada, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

O Concello ven de poner en marcha o ‘Programa de inserción laboral de mulleres vítimas de violencia de xénero’ ao aveiro do cal convócanse 5 prazas de auxiliares de administración xeral e 8 de ordenanzas por un período de 1 ano.

As solicitantes deberán ser víctimas de violencia de xénero e ter sido usuarias do Centro Municipal de Información á Muller de Vigo; estar empadroadas e ter residencia efectiva no na cidade con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2016; ser demandantes de emprego nas oficinas do Servizo Público de Emprego de Galicia en Vigo, admitíndose a situación en mellora de emprego.

Prazo, forma e lugar de presentación das solicitudes

O prazo máximo de presentación de solicitudes é de dez días a contar dende o día seguinte ao da publicación desta convocatoria na web do Concello de Vigo –www.vigo.org-.

As solicitudes a cumprimentar polas interesadas están a súa disposición na páxina web www.vigo.org e na oficina de Información do Concello.

As solicitudes poden achegarse no Rexistro Xeral do Concello de Vigo ou a través da sede electrónica https://sede.vigo.org/expedientes/sede/?lang=ga.

As persoas interesadas poden obter máis información chamando aos teléfonos 986 810 232 ou no 010; remitindo un correo ao enderezo electrónico [email protected], ou no propio Concello, na Unidade de Desenvolvemento Local, 4º andar, ou no Centro Municipal de Emprego, na rúa Oporto, 1.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio
Publicidad de Vigo al minuto 2
ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM