vigoalminuto.com - Tu peridico digital

O Banco de Sangue do Cunqueiro contará cunha unidade de aférese para atender aos pacientes de xeito ambulatorio

Posted by on Mar 9th, 2018 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

Parte do equipo do servizo de Hematoloxia e Hemoterapia do Cunqueiro

O servizo de Hematoloxía e Hemoterapia do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) vai contar con dúas novas Unidades específicas que lle permitirán ampliar a súa carteira de servizos: a Unidade de Aférese e o Laboratorio de Coagulación Especial.

Para isto, vaise acometer unhas obras de ampliación do Banco de Sangue do Hospital Álvaro Cunqueiro, tal e como  ven de anunciar o Diario Oficial de Galicia. O orzamento desta licitación ascende 181.340,24€ 

Segundo sinalan dende o Servizo Galego de Saúde (SERGAS), o obxecto desta actuación é “dar resposta ao incremento de actividade experimentado nos últimos tempos. Unha vez transcorridos dous anos da posta en funcionamento do hospital Álvaro Cunqueiro, tense constatado un notable incremento da actividade a nivel xeral, e en particular no servizo de Cirurxía e Hematoloxía”.

A aféreses é un procedemento polo que se extrae a sangue total dun paciente ou doador e séparase en diferentes compoñentes segundo o seu tamaño, densidade e peso mediante a forza centrífuga dunha máquina ou separador celular, co obxecto de adquirir o compoñente desexado (hematíes, plasma, leucocitos,…).

A día de hoxe os pacientes que deben someterse a estes procedementos de aféreses, son ingresados no hospital. O pasado ano foron 80 pacientes. A nova Unidade permitirá a realización destes procesos de xeito ambulatorio, sen ingreso hospitalario na maior parte dos casos. Para isto contará con 3 postos -2 camas e 1 sofá reclinable- con monitorización de constantes vitais cada un deles.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM