Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

O Complexo Hospitalario de Vigo aposta pola rehabilitación coma mellor tartamento do linfedema

Equipo da Unidade de Linfedema : de esquerda á dereita, Rosana Estévez Tresandí, Jorge Fernández Penas, Mónica Romo Rojo, Amparo García Alfaro, Begoña Pérez Santaclara, Juan Pedro Fernández Alonso e Pilar Bóveda López.

O Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) aposta pola rehabilitación como mellor método para o tratamento do linfedema, unha patoloxía que supón un aumento de tamaño ou  inchazón dunha extremidade ou de calquera outra zona do corpo. O  linfedema é un tipo de edema producido por unha acumulación de  linfa, un líquido orgánico rico en proteínas de alto peso molecular.

Con motivo da celebración do Día Internacional de Linfedema,  a Área Sanitaria de Vigo sumouse á súa conmemoración en colaboración coa Asociación Galega desta patoloxía, que xa está traballando no espazo asociativo do Meixoeiro. Este martes, a Asociación colocou  unha mesa informativa destinada a dar a coñecer á cidadanía aspectos da enfermidade.

Actualmente, considérase unha patoloxía crónica, existe unha disfunción do sistema  linfático de forma permanente e non hai tratamento  curativo. O tratamento que neste momento demostrou mellores resultados é a rehabilitación mediante a terapia  desconxestiva complexa, con o obxectivo de evitar a progresión e as complicacións.

sintomatoloxía principal, ademais do aumento do tamaño dunha rexión do corpo, é a  dor, a limitación de mobilidade, posibles complicacións cutáneas e mesmo infeccións recorrentes como  celulites ou  linfanxitis. Ademais destes cambios físicos, os pacientes que o padecen tamén poden ter alteracións psicosociais que limitan a súa calidade de vida.

O tratamento  combina varias técnicas: a drenaxe  linfático manual, a  presoterapia  multicompartimental e a vendaxe  multicapa de baixa elasticidade. É un tratamento longo, xa que cada sesión dura aproximadamente 60 minutos, e unha vez finalizado o paciente debe utilizar unha peza de compresión feita a medida de forma  permanente.

Cancro de mama

Nos países desenvolvidos, a causa máis frecuente son os tumores de mama, as súas complicacións e o seu tratamento. “Na nosa área sanitaria o  linfedema do membro superior secundario ao tratamento do cancro de mama é o máis  prevalente”, explica a doutora Mónica Romo, que ten ao seu cargo a Unidade de Linfedema do CHUVI, que está integrada no Servizo de Rehabilitación e Medicina Física, que dirixe o doutor Javier Juan.

Escola de linfedema

A Unidade está no Hospital Meixoeiro e comezou a funcionar no ano 2008. Está formada por dous médicos rehabilitadores e catro fisioterapeutas que están especializados en técnicas de tratamento físico específicas de  linfedema. Diariamente trátanse 16 pacientes, non só  con  linfedema secundario,  senón tamén pacientes con  linfedema primario onde a alteración do funcionamento do sistema  linfático é  conxénita e nalgúns casos trátase de nenos. Isto supón unha cifra de uns 3.000 tratamentos ao ano.

También te puede interesar