Cultura Galicia

@Xunta cita aos donos dos terreos afectados pola construción da ‘senda’ entre Gondomar e A Ramallosa

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda convoca os vindeiros días 14 e 15 de marzo os titulares dos terreos afectados pola construción dunha senda entre Gondomar e A Ramallosa, para efectuar o pago de depósitos previos.

Os propietarios dos terreos deberán acudir o día 14, entre as 12.30 e 13.30 h, ao Centro neural de Gondomar, e o día 15, entre as 9.30 e as 13 h, ao Concello de Nigrán

Este proxecto ten por obxecto a realización das obras precisas para a construción dunha senda mixta destinada ao tráfico peonil e ciclista, ao longo da marxe esquerda da PO-340, que permita comunicar os núcleos de Gondomar e A Ramallosa.

Este itinerario está enmarcado na 1ª fase do Plan de Sendas de Galicia, na comarca de Vigo, á que a Xunta destinará un investimento de 3,9 millóns de euros para a execución de 9 proxectos que contemplan 11 treitos identificados como prioritarios.

También te puede interesar