Galicia

50.000 toneladas de vidro recicladas en Galicia no ano 2020

Este é o obxectivo que propón a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio: que no ano 2020 a reciclaxe de vidro en Galicia acade un 75% chegando a preto das 50.000 toneladas deste residuo reciclado.

Así o puxo de manifesto a conselleira Beatriz Mato durante a presentación da campaña ‘EtiDeQuenVesSendo’, coa que se pretende incrementar en case un 30% a taxa de reciclaxe con respecto á cifra de 2015, con case 40.000 toneladas, de envases de vidro.

A campaña ‘EtiDeQuenVesSendo’ conta coa colaboración de Fernando Romay, como embaixador da mesma, e forma parte dun ambicioso plan para a recollida de vidro para levar a cabo ata o ano 2020.

Para acadar o obxectivo, aumentaranse os puntos de recollida con case 3.000 contedores novos para acadar un ratio de un contedor por cada 160 habitantes, fronte á media actual de un contedor por cada 185 habitantes.

Mato explicou que é necesario ofrecer aos cidadáns illas de reciclaxe deste material, xa que as enquisas sinalan que un 67% dos fogares de Galicia declara reciclar vidro sempre e un 74% dos galegos creen que campañas, como a presentada hoxe, axudan e animan a reciclar máis.

Tendo en conta os datos de 2016, última cifra relativa a un ano completo na actualidade, sinalan que os galegos reciclaron máis de 40.000 toneladas, un 3,4% máis de que en 2015 e que se traduce en que cada galego reciclou unha media de 15,2 quilos ou o que é o mesmo, 57 envases por persoa. Galicia acumula seis exercicios nos que a cifra de reciclaxe se mantén en liña ascendente e desde o 2011 ao 2016, incrementouse nun 13%.

A conselleira salientou a reciclaxe do vidro ten beneficios para o medio ambiente, pois as toneladas recicladas en Galicia en 2016 evitou a extracción de 49.500 toneladas de materias primas, se deixaron de emitir a atmosfera 27.600 toneladas de CO2, e se aforrou o equivalente ao consumo eléctrico dun mes nas cidades da Coruña, Ferrol, Santiago e Vigo.  

También te puede interesar