Vigo al minuto

@depo_es crea a Mesa Provincial do Turismo

Carmela Silva presidiu este lunes a creación da Mesa Provincial do Turismo. No acto estiveron presentes alcaldes e alcaldesas de municipios catalogados de interese turístico, entidades supramunicipais, representantes do sector privado e organizacións de formación turísitica.

A presidenta da Deputación informou que dentro do Plan Estratéxico de Turismo formulábase como liña estratéxica a creación dunha Mesa Provincial do Turismo na que se darían cita todas as administracións públicas e organizacións privadas para ir acordando accións para poñer en valor un sector, como é o turismo, que supón o 11% do PIB galego.

“Hoxe estamos aquí para constituír esta mesa e poñer en marcha o seu funcionamento”, sinalou e deu a coñecer os principais puntos que recolle a proposta de regulamento do funcionamento interno da Mesa, cuxos integrantes teñen de prazo dez días para aportar suxestións de mellora.

Máis polo miúdo, segundo especifica a proposta de regulamento entregada esta mañá, ao longo do ano haberá dúas reunións que poderán ampliarse con convocatorias extraordinarias de precisarse. Nestes encontros, tal e como informou Silva, estudaranse as necesidades do sector, a posta en marcha de produtos turísticos orientados a desestacionalizar a demanda ou, entre outras cuestións, as accións de promoción a poñer en marcha.    

También te puede interesar