vigoalminuto.com - Tu peridico digital

@AsNevesConcello contratará 14 persoas mediante o Plan Concellos da @depo_es

Posted by on Feb 26th, 2018 y archivado abajo Comarcas. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

O alcalde de As Neves, Xosé Rodríguez Méndez

O Concello de As Neves contratará, no marco do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, a 14 persoas que desenrolarán diferentes traballos na vila, en especial os de conservación e mantemento de bens públicos municipais.

As persoas candidatas deberán ser persoas desempregadas, inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados e que estean dispoñibles para o emprego.

O Concello solicitará as persoas traballadoras mediante a presentación da correspondente oferta na oficina pública de emprego, facendo referencia ós requisitos e características que deben reunir as persoas que sexan contratadas.

Para a xestión das ofertas establécese como ámbito de busca de emprego o Concello. Este será quen realice a selección definitiva das persoas candidatas.

Os postos de traballos son:

1 peón para o punto Limpo, 1 auxiliar de axuda a domicilio, 2 limpadoras/es de edificios e e locais;  1 peón varredor/a que traballarán dende o día da contratación ata o día 31 de decembro de 2018 a xornada completa; 2 peóns de construcción e 4 peóns forestais que traballarán dende 1 de abril ao 31 de decembro de 2018; 1 Auxiliar Administrativo/a e 2 fontaneiras/os que traballarán dende 1 de maio ao 31 de outubro de 2018.

Os requisitos puntacións e valoracións completas para o acceso aos postos pódense consultar entre outros na páxina web do Concello www.asneves.gal.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM