vigoalminuto.com - Tu peridico digital

74 feridos en 47 accidentes ocorridos nas estradas galegas a pasada fin de semana

Posted by on Feb 26th, 2018 y archivado abajo Galicia, Sucesos. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

O 061 asistiu durante a fin de semana a 74 persoas debido a 47 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas desde as 3 da tarde do venres, día 23 de febreiro ata as 23:59 horas deste domingo, día 25 de febreiro.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 59 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 47 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon un total de 74 persoas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 67. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en cinco accidentes, o helicóptero medicalizado atendeu nun accidente de tráfico, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 50 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en sete accidentes. As ambulancias convencionais acudiron en catro sinistros.

En 60 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 14  ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM