Comarcas

O Concello de Redondela, adherido á estratexia de promoción da saúde e prevención do Sistema Nacional de Saúde

Carmen Amoedo, tenente de alcalde e concelleira de Benestar Social

O Concello de Redondela recibiu esta semana  dende o Ministerio de Sanidade,Servicios Sociais e Igualdade, o título de adhesión á ‘Estratexia de Promoción da Saude e Prevención no Sistema Nacional de Saude’. A partir de agora xa é público o acceso á web do mapa de recursos comunitarios “Localiza Salud” na que se visualizan os recursos de todos os municipios adheridos a esta estratexia como Redondela.

A Guía para a implementación local da Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención no SNS foi aprobada polo Consello Interterritorial do SNS o 14 de xaneiro de 2015. Esta guía foi elaborada polo Grupo de Traballo para o desenvolvemento local da Estratexia composto polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, Comunidades Autónomas , expertos de Entidades Locais, a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e expertos de sociedades científicas e do Ministerio.

A guía ten como obxectivo establecer un marco de traballo común para a implementación local da estratexia, facilitar que se faga de maneira universal nos municipios e propoñer recomendacións e ferramentas concretas para iso.

O Concello de Redondela seguindo a guía implementará a estratexia cun enfoque conxunto entre o goberno e a sociedade para a búsqueda da saúde como parte integral do benestar e o desarrollo económico e social.

“Ainda que pareza que a saúde é unha competencia de outras administracións os concellos teñen competencias que repercuten de maneira moi importante na saúde da poboación. O urbanismo, o medioambiente, as infraestructiras e os equipamentos, a mobilidade…son competencias municpais que inflúen en gran medida na saúde dos veciños.  Traballaremos conxuntamente para a implantación correcta dests estratexia e para mellorar vida dos nosos veciños”, salienta a tenente de alcalde e concelleira de Benestar Social Maria del Carmen Amoedo.

También te puede interesar