Galicia

Empeza o proceso de instalación de cámaras de vixilancia contra os incendios forestais

Retegal, entidade pública dependente da Xunta, vén de publicar a licitación para a compra e colocación de cámaras para a vixilancia en contornas forestais que, na súa primeira fase, prevé ter operativas 34 destas cámaras xa no mes de maio.

O Goberno de Galicia asegura que será posible ‘monotorizar’ preto do 50% do territorio en especial 73 parroquias nas que a actividade incendiaria é máis alta.

A Xunta informa de que os obxectivos son a vixilancia remota e servir de apoio na extinción de incendios mediante un investimento que superará os 2 millóns de euros ata o ano 2022.

También te puede interesar