Galicia

58 feridos en accidentes de tráfico nunha fin de semana sen mortos nas estradas de Galicia

O 061 asistiu durante a fin de semana a 58 persoas debido a 44 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas dende as 3 da tarde do pasado venres, día 16, ata este domingo, día 18 de febreiro, ás 12 menos un minuto da noite.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 52 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 44 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon un total de 58 persoas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 56. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron nun accidente, as ambulancias de soporte vital básico mobilizáronse en 51 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en catro accidentes.

En 52 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 6  ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

También te puede interesar