vigoalminuto.com - Tu peridico digital

‘Colectivo Rexeneración Autóctona Val Miñor’ planta máis de cen árbores nos montes de Couso, nas ladeiras do Monte do Facho

Posted by on Feb 18th, 2018 y archivado abajo Comarcas, Portada. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

Unhas trinta persoas se sumaron á plantación na parcela cedida para reforestar con árbores autóctonas coma carballos, castiñeiros, acivros, loureiros ou abeleiras, que foron aportadas polo colectivo.

Ao mesmo tempo, o Concello de Salceda de Caselas promoveu unha iniciativa para que as comunidades de montes do mesmo coñezan outros xeitos de explotación alternativos ao eucalipto. Xosé Antón Araúxo, presidente da Comunidade de Montes de Couso acompañou aos representantes a unha visita onde lles explicou as iniciativas que están a levar adiante: plantación de froitos vermellos,planta de produción de sitake e explotación alternativa de madeira.

Neste espazo o ‘Comando Ghichas’ recolleu tamén sinaturas para a Iniciativa Lexislativa Popular na Defensa do Bosque Autóctono e a loita contra os incendios forestais, campaña iniciada  o pasado 20 de decembro pola plataforma “Cousa de Raíces” a iniciativa do grupo ecoloxista ADEGA.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM