Ciencia y Tecnología

Anunciadas novas mobilizacións en contra do “desmantelamento” da Sanidade Pública de Galicia

Sindicatos e organizacións sanitarias e partidos da oposición veñen de convocar unha nova mobilización fronte ao Parlamento de Galicia para rexeitar a reforma da Lei galega de Saúde o día que sexa debatida pola Camara galega.

SOS Sanidade Pública sinala nun comunicado que estas organizacións esixen a retirada da devandita reforma e o inicio de negociacións co presidente do Goberno de Galicia para facerlle fronte á crise que sofre o Servizo Galego de Saúde (Sergas).

SOS Sanidade Pública subliña que é urxente frar o “desmantelamento” do sistema sanitario público de Galicia recuperar os recursos que foron recortados polo actual goberno e solucionar os graves problemas da sanidade pública, como as listas de espera.

También te puede interesar