vigoalminuto.com - Tu peridico digital

@depo_es aproba destinar 174.500€ máis a @AsNevesConcello dentro do ‘Plan Concellos 2018-2019’

Posted by on Feb 17th, 2018 y archivado abajo Comarcas, Portada. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

O alcalde de As Neves, Xosé Rodríguez Méndez, e a presidenta da Deputación, Carmela Silva

O Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar dúas novas achegas para As Neves ao abeiro da liña 1, de investimentos, do “Plan Concellos 2018-2019”. Con estes dous investimentos, o concello nevense recibirá un total de 174.498,35€ para realizar obras de mellora en Cruceiro, na subida Igrexa e Pios así como para acometer novos investimentos nos camiños de paso en Pereiro, Covelo e Santa Eulalia de Batalláns.

Anteriormente, a Deputación de Pontevedra xa aprobara, a través dunha resolución presidencial, unha achega ao Concello das Neves, tamén dentro da súa liña 1 de investimentos do “Plan Concellos 2018-2019”, de 45.146,58€ para poder levar a cabo obras na parroquia de San Xosé de Ribarteme.

Xunto con esta achega, a institución provincial tamén xa tiña destinado ao concello dirixido por Xosé Manuel Rodríguez Méndez 122.318,53€ para a contratación de 14 persoas que desenvolverán actividades relacionadas coa limpeza, fontanería, axuda no fogar, construción, actuacións forestais e administración no concello.

Carmela Silva, sinalou que “con estas dúas novas achegas, As Neves xa ten recibido da Deputación de Pontevedra o 36,9% do total do investimento que lle corresponde dentro do Plan Concellos 2018-2019, que este ano pon a disposición da vila 926.900,17€”.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM