Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

A Unidade de Arritmias do Cunqueiro, que estrea sala de electrofisioloxía, realizou máis de 800 procedemenos o ano pasado

A sala de electrofisioloxía  do Hospital Álvaro Cunqueiro, que funciona hai uns días, xa leva realizados unha trintena de procedemos nas novas instalacións.Trátase da segunda sala da Unidade de Arritmias do servizo de Cardioloxía deste hospital

Nestas Salas realizánse técnicas e procedementos terapéuticos para o diagnóstico e tratamento das arritmias, como son as ablacións e os implantes de dispositivos cardíacos (marcapasos, desfibriladores  e holters).

Este novo dispositivo asistencial, cofinanciado nun 80% cos Fondos europeos FEDER,  supuxo un investimento total,  entre obra e equipamento, de máis de  800.000€.

O novo quirófano conta con 80 metros cadrados e, segundo indica o Servizo Galego de Saúde (Sergas) “está dotado co máis moderno equipo de imaxe radiolóxica, mesa, e elementos de visualización e asociados necesarios. Este equipamento de imaxe radiolóxica  posibilita  a realización de técnicas moi avanzadas”.

Segundo afirma o responsable da Unidade de Arritmias, o doutor Enrique García –“este novo recurso   nos permitirá incrementar a actividade nun 70%, o que redundará na diminución da lista de espera, dando resposta ao crecemento da demanda na realización deste tipo de procedementos. Ademais, supón unha importante mellora na calidade e na seguridade dos procesos asistenciais”-.

As arritmias cardíacas (alteración do ritmo cardíaco) son patoloxías moi prevalentes. A máis frecuente, a fibrilación auricular, afecta a entre un 3-4 % da poboación.

O pasado ano, a Unidade de Arritmias realizou máis de 800 procedementos deste tipo: 500 implantes de dispositivos cardíacos, e 300 estudos electrofisiolóxicos e ablacións.

A Unidade de Arritmias do Complexo vigués, que está composta por un equipo de catro electrofisiólogos e cinco profesionais da enfermaría e dúas TCAEs, xa fóra das primeiras de España e a primeira en Galicia na colocación de dispositivos sen cables no ventrículo dereito, e de desfibriladores bicamerais (aurícula e ventrículo).

También te puede interesar