Vigo al minuto

@primaveradocine de Vigo recibiu xa a inscrición de preto de 200 filmes

Quedan menos de dúas semanas para que o festival Primavera do Cine en Vigo peche o prazo para a inscrición de filmes e videoclips que se poderán presentar a concurso.

A organización do evento adianta que este ano “as produccións teñen unha moi boa calidade” e que a día de hoxe xa son preto de 200 as obras que se presentaron.

Tódolos cineastas ou produtoras que queiran enviar os seus proxectos poderán facelo inscribíndose na web ata o 28 de febreiro. Coma ven sendo habitual, os proxectos deberán ser de produción galega ou portuguesa e poderanse entregar tanto curtametraxes coma longametraxes e videoclips.

O certame, que terá lugar entre o 9 e o 13 de maio e que conta xa cunha longa traxectoria na cidade de Vigo, seguirá mantendo as  dúas seccións orixinais (galega e portuguesa) xunto coas catro categorías nas que se veñen dividindo as proxeccións e os premios -curtametraxes, longametraxes, videoclips e animación-.

Por outra banda, a organización xa está traballando nas actividades paralelas que se levarán a cabo no mes de abril coma é o cine nos barrios. Un acto que achegará filmes de calidade a diferentes barrios vigueses como O Calvario ou Coia.

También te puede interesar