Vigo al minuto

#CancroInfantil O Cunqueiro atende a 150 cativas e cativos da Ärea Sanitaria de Vigo

O Hospital Álvaro Cunqueiro sumouse hoxe ás Asociacións Bicos de Papel e ASANOG (Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia) para celebrar o Día Internacional do Cancro Infantil, cunha serie de actividades destinadas a concienciar á cidadanía desta enfermidade.

Ambas  Asociacións informaron aos usuarios das accións que levan a cabo para apoiar aos menores que padecen a enfermidade e aos seus familiares, á vez que repartiron folletos e lazos de cor dourada.

O cancro que afecta en maior medida aos menores é a leucemia. Séguenlle os tumores do sistema nervioso central e os linfomas

Durante o pasado ano, no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) foron diagnosticados 42 casos novos; 30 foron tumores malignos e 12 benignos.

En xeral, a Unidade de Oncoloxía pediátrica do Álvaro Cunqueiro atende a 150 menores da área sanitaria viguesa. A maioría deles están en fase de seguimento en consulta, unha vez concluído o seu tratamento no hospital. Nestes momentos, hai 30 pacientes en fase de tratamento activo (quimioterápico). O Hospital de Día Pediátrico atende de xeito ambulatorio a unha media diaria de 12 pacientes.

O seguimento dos nenos que xa concluíron o seu período hospitalario oscila entre cinco e dez anos, segundo o tipo de tumor que padezan.

Ademais, nas consultas de oncoloxía pediátrica do CHUVI realízase un seguimento de pacientes con síndromes xenéticos con predisposición ao cáncer, para realizar un diagnóstico de precoz.

O cancro infantil non se pode previr polo que os esforzos céntranse en lograr o diagnóstico temperá dos casos, e en dispoñer dos mellores tratamentos, porque é aquí onde reside a clave da supervivencia dos menores e a súa calidade de vida.

Os puntos claves son un diagnóstico précoz, tratamento protocolizado, seguimento de efectos secundarios, e apoio noutros temas importantes para a familia e os nenos como a  escolarización e a reincorporación a súas vidas tras o tratamento.

También te puede interesar