'Qué te cuentas?'

@depo_es aproba destinar máis de 500.000€ para a contratación de 65 persoas en Fornelos, As Neves, Nigrán e Ponte Caldelas

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar a terceira relación de concellos que se van beneficiar das achegas da liña 3, para o fomento do emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais, do “Plan Concellos 2018”.

Tal e como informou a presidenta da institución provincial, Carmela Silva, Fornelos de Montes, As Neves, Nigrán e Ponte Caldelas son as vilas que van recibir máis de medio millón de euros para a contratación de 65 persoas ao abeiro da liña 3 do “Plan Concellos 2018”.

Silva sinalou que Fornelos de Montes, con 78.650,72€, vai contratar a 15 traballadoras e traballadores, exactamente, un tractorista e 14 peóns de obra.

Ás Neves a Deputación achega 122.318,53€ para contratar a 14 persoas que cubrirán os seguintes postos: un peón de limpeza, un auxiliar a domicilio, dous limpiadores, un peón varredor, dous peóns de construción, catro peóns forestais, un auxiliar administrativo e dous fontaneiros.

Pola súa banda, destina 225.333,96€ para que Nigrán conte con 26 persoas para executar obras públicas, realizar tarefas de albanelería, conserxería e xardinería.

Amais,  a Xunta de Goberno da Deputación aprobou 122.698,16 € para que Ponte Caldelas poida contratar a 10 traballadores e traballadoras para tarefas de xardinería e fontanería.

También te puede interesar