vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Suspendida a folga de recollida de lixo en Nigrán…pero non desconvocada

Posted by on Feb 9th, 2018 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

Os traballadores de Cespa-Ferrovial, concesionaria do servizo de recollida do lixo do Concello de Nigrán, decidiron este venres,en asamblea, suspender a folga indefinida prevista para este luns día 12 despois de que a empresa desistise da súa intención de rebaixar un 7% os salarios, eliminar contedores e zonas de limpeza e retirar persoal da quenda de noite.

Con todo, os empregados  do servizo municipal acordaron non desconvocar a folga tendo en conta que queda por diante a negociación do convenio colectivo e mentres non se confirme se o Concello vai cumprir ou non co pago do canon da concesión, principal argumento que esgrimía a empresa para xustificar a súa proposta.

Esta fora unha das cuestións que a secretaria nacional da CIG-Servizos, Transi Fernández, lle trasladou recentemente á corporación municipal de Nigrán durante a súa intervención no Pleno para explicar o conflito laboral.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM