vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Maderas Iglesias pechará os centros de traballo de Puxeiros e Sanguiñeda e os traballadores piden a actuación urxente da Xunta

Posted by on Feb 7th, 2018 y archivado abajo Cultura. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

O comité de Maderas Iglesias, empresa porriñesa que se atopa nunha situación crítica, vén de reiterar a necesidade de que o Goberno de Galicia “se implique canto antes para garantir a continuidade da compañía”. Os seus integrantes denuncian que a dirección, que este martes confirmoulles que non teñen pedidos de clientes, está a incumprir o pactado no ERE.

Dende o comité, presidido pola CIG, explican que tiveron que solicitar por terceira vez unha reunión cos responsábeis autonómicos para que expliquen as xestións que están a facer co obxectivo de salvar a empresa, “porque seguen se comunicarse con nós para informarnos dos contactos realizados”. Neste senso, sosteñen que cada día que pasa se fai máis urxente intentar atopar unha saída, “xa que despois da xuntanza que mantivemos onte empresa confírmase o deterioro progresivo e acelerado de Maderas Iglesias”.

De feito, a dirección confirmoulles que a partir do 31 de marzo pechará dous dos tres centros de traballo: Puxeiros e Sanguiñeda, que quedarán sen actividade produtiva de calquera tipo. “Ademais quedounos claro que non teñen ningunha perspectiva de futuro nin contan con carteira de pedidos, e anunciaron que os traballadores que están no ERE serán chamados segundo as necesidades de produción”.

Isto significa que incumpren o pactado no ERE, xa que ningún empregado debera estar máis de 14 días ao mes no desemprego. “Polo tanto, vémonos na obriga de comunicarlle á Administración que a empresa incumpre os termos do ERE”.

Na xuntanza a dirección tamén confirmou de xeito oficial que renuncia a presentar o ERE extintivo, algo que para o comité “amosa, unha vez máis, a falta de criterio dos responsábeis da empresa, xa que primeiro apremiaban para presentalo e agora retírano sen que conste que teñan carga de traballo nin pedidos”. De feito, a compañía non conta con ningún cliente externo e acumula seis meses sen pedidos. “Os únicos traballos que se fan son para outras empresas do propietario de Maderas Iglesias ou da súa familia”.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio
Publicidad de Vigo al minuto 2
ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM