'Qué te cuentas?' Vigo al minuto

Centos de xuizos e milleiros de trámites suspendidos dende hoxe pola folga na Administración de Xustiza de Galicia

O persoal da Administración de Xustiza en Galicia está convocado desde este mércores a unha folga indefinida e total -durante toda a xornada laboral- logo de fracasar as negociacións co Goberno de Galicia.

Os traballadores, preto de 2.500 en toda Galicia, esixen melloras salarais e laboráis para equipararse ao resto dos funcionarios do resto do Estado, pero a Consellería de Xustiza, que dirixe o vicepresidente Alfonso Rueda, non está disposta a atender estas demandas.

Á vista do seguimento das protestas que se convocaran as semanas pasadas-masivamente secundadas en toda Galicia- é previsible a completa paralización de centos de xulgados, ademáis de milleiros de trámites e actos xurídicos.

También te puede interesar