Vigo al minuto

Xubilados e pensionistas salen este mércores, de novo á rúa en Vigo en defensa do sistema público de pensións

O colectivo de Xubilados e Pensionistas da CIG de Vigo desenvolverá unha nova mobilización este mércores 7 xunto á farola de Urzaiz ás 11 e media da mañá en defensa do sistema público de pensións, tras o éxito da celebrada a semana pasada, cando varios centos de persoas participaron na concentración convocada tamén a carón da farola e na posterior manifestación improvisada pola rúa do Príncipe.

Advirten de que o que se pretende, unha vez máis, é xustificar o desmantelamento do sistema público e universal das pensións e favorecer os plans privados dos que se enriquecen as grandes empresas e bancos que as xestionan.

También te puede interesar