vigoalminuto.com - Tu peridico digital

81 feridos en accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas a pasada fin de semana

Posted by on Feb 5th, 2018 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

O 061 asistiu durante a fin de semana a 81 persoas debido a 52 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas dende as 3 da tarde do venres, día 2 de febreiro, e as 12 menos 1 minuto da noite deste domingo, día 4.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 66 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 52 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon un total de 81 persoas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 75. Así, a ambulancia asistencial de soporte vital avanzado acudiu en cinco sinistros, o helicóptero medicalizado asistiu nun accidente, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 60 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en seis accidentes. As ambulancias convencionais acudiron tres sinistro.

En 69 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 12  ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM