vigoalminuto.com - Tu peridico digital

40 profesionais da Área Sanitaria de Vigo participan en xornadas de coidados e humanizacion da UCI

Posted by on Feb 5th, 2018 y archivado abajo Ciencia y Tecnología, Portada, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

Corenta profesionais do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) participaron hai uns dias nas sesións acreditadas do curso sobre coidados e humanización, que se celebraron no Hospital Álvaro Cunqueiro. O curso enmárcanse dentro do plan de humanización da UCI que se puxo en marcha desde hai meses e que figura como unha das liñas prioritarias do Plan Estratéxico aprobado para a área sanitaria de Vigo.

As sesións, foron impartidas polos dous máximos responsables do proxecto “HUCI” en  España. Por unha banda, o facultativo Gabi Heras, do Hospital de Torrejón, en Madrid. E por outra, o enfermeiro José Manuel Velasco, que traballa no Hospital Universitario Virgen de la Victoria, en Málaga.

O curso HUCI trata de establecer as pautas que deben seguirse dentro dos plans de humanización das Unidades de Coidados Intensivos, de Urxencias e de hospitalización.

Nas sesións participaron facultativos especialistas de área, enfermeiras, TCAEs e anestesistas, ademais dun fisioterapeuta e unha administrativa, que están adscritos aos servizos de UCI, Urxencias e Reanimación do CHUVI.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio
Publicidad de Vigo al minuto 2
ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM