vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Milleiros de persoas claman en Compostela contra o desmantelamento da Sanidade Pública

Posted by on Feb 4th, 2018 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

Milleiros de persoas sumáronse este domingo á manifestación cconvocada por SOS Sanidade Pública en Compostela para protestar contra os recortes na Sanidade Pública e esixir ao presidente do Goberno de Galicia que paralice a reforma da Lei de Saúde e manteña un proceso de negociación encamiñado a frear a privatizacións na sanidade galega.

O portavoz da Plataforma, Manuel Martín, denunciou o “desmantelamento dos hospitais comarcais” que asegura que suporá a nova Lei de saúde, a situación de “colapso” rexistrado nas listas de espera e o progresivo “proceso de privatización cos chiringuitos de xestión privada” que  se están a montar.

Cando xa rematara a protesta na Praza da Quintana aínda entraba a parte final da manifestación entre berros de “recortes na pública, cartos para a privada”, “Feijóo privatizador”, “este goberno é unha mafia” ou “recortes na pública, diñeiro para a privada”.

No manifesto instouse ao presidente Feijóo a que retire a reforma da Lei de Saúde, que se debaterá este martes no Parlamento, por “formar parte dunha estratexia da Xunta de privatizar a atención sanitaria, trasladando a miles de pacientes da sanidade pública á privada”, e denunciose que “86 pacientes pasan diariamente da Sanidade Pública á privada” desde a aplicación en xaneiro da derivación dos pacientes á privada

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM