Cultura Vigo al minuto

A Asociación Veciñal de Teis pide á Seguridade Social que ceda o antigo centro de saúde para uso social

A Asociación Veciñal de Teis, dirixiuse por escrito ao Subdirector Xeral de Xestión do Patrimonio e Contratación da Seguridade Social, para solicitar a cesión do edificio que ocupaba o antigo centro de saúde, para que se destine para uso social. Este edificio atopase pechado desde o ano 2000, unha vez que a Xunta construiu o novo centro de saúde.

Desde hai anos, esta asociación e outros colectivos de Teis, reivindicacan que este inmoble, cunha superficie de 1.000 metros cadrados, se destine para biblioteca entre outros usos dotacionais para Teis.

Esta demanda expúxose a responsábeis provinciais da Tesouraría, que “manifestaron a esta asociación, xa fai un par de anos, que este edificio era unha carga para a administración e que se podían estudar formulas para destinalo a uso social, sempre que houbera algunha administración interesada”.

Logo de anos de abandono, hai uns meses o Concello de Vigo, solicitou a cesión deste edificio, pero apareceron problemas.Desde a Asociación Veciñal de Teis, entendemos que o dialogo institucional entre administracións, debe permitir buscar unha solución, que priorice os intereses da veciñanza”.

O barrio de Teis, un dos máis poboados da cidade, conta con 5 centros escolares públicos, 3 centros escolares privados-concertados, 1 centro escola cooperativa e 4 institutos pero, salienta a Asociación Veciñal, “carecemos dunha biblioteca pública en condicións, unha ludoteca ou un local onde poida xuntarse e realizar actividades para mocidade de Teis”.

A asociación considera que a mellor opción sería ceder este edificio ao Concello de Vigo, para que se fixera cargo da rehabilitación do mesmo e crear novas dotacións sociais para Teis.

También te puede interesar