A Radiological Society of North America ( RSNA), o foro científico internacional máis importante no ámbito da radioloxía, que acaba de reunir en Chicago a preto de 60.000 profesionais de todo o mundo, ven de premiar un estudo realizado por radiólogos do Servizo de Radioloxia a Área Sanitaria de Vigo sobre o uso da resonancia magnética para diagnosticar lesións benignas e malignas que teñen a súa orixe na rexión anorrectal e perirrectal, máis aló do cancro de recto.
Este premio ven a sumarse aos múltiples Premios nacionais e internacionais acadados polo Servizo de Radioloxia na sua traxectoria, sendo o quinto que outorga a Sociedade Norteamericana de Radioloxía a radiólogos vigueses.
Os radiólogos do complexo Hospitalario de Vigo presentaron este ano dúas Comunicacións que lle foran aceptadas. A primeira, “Not Only Rectal Cancer is Present in Anorectal and Perirectal Rexión: Look Beyond” foi asinada polos doutores Alfonso Iglesias, Mercedes Arias, Mónica Fernández, Marta Herreros, Beatriz Nieto e Jorge Mañas.
A segunda,“Virtual Colonoscopy with Colonoscopy Correlation. A visual Atlas”. Está asinada por Jorge González, Rosa Bouzas, Enrique Ladera, Adrián Martínez, Rubén Díaz e Juan Vieito.
O primeiro de estes estudios recibeu un Certificado de Mérito outorgado pola RSNA. Alfonso Iglesias, radiólogo recentemente adscrito á Sección de Radioloxía do Abdome e Xenito-Urinario, é o autor e o primeiro asinante desta Comunicación premiada. Esta é a terceira vez que acada un Premio neste importante Congreso.
Jorge González, autor e primeiro asinante da segunda comunicación, e Enrique Ladera, ambos os dous médicos Residentes do Servizo de Radioloxía veñen de recibir tamén un total de 5.5 Créditos cada un tras haber diagnosticado correctamente 11 casos/problema presentados aos asistentes, a modo de concurso, pola organización do Congreso.
Resonancia e Colonoscopias no cancro colorectal
Os dous estudos presentados están centrados na patoloxía Colorectal e máis especificamente no cancro desta localización e no seu diagnóstico diferencial.
O estudio premiado recolle a experiencia da Resonancia Magnética Multiparamétrica (RMM) para diagnosticar de maneira precisa unha serie de lesións benignas e malignas que teñen a súa orixe na rexión anorrectal e perirrectal.
Colonnoscopia virtual e mecánica
O segundo dos estudo basease nunha correlación entre a Colonnoscopia virtual realizada no Servizo de Radioloxía e a Colonoscopia mecánica realizada polo Servizo de Patoloxía Dixestiva. O Servizo de Radioloxía do CHUVI foi pioneiro na implantación e desenrolo desta técnica en España. A colonoscopia virtual, usando a Tomografia axial Computarizada como ferramenta, permite recorrer o colon do paciente visualizando as súas paredes internas con fins diagnósticos. E unha técnica moi importante no diagnostico precoz do Cancro de Colon.