vigoalminuto.com - Tu peridico digital

@En_Marea esixelle á Xunta un plan de descontaminación integral para as zonas do Porriño e Mos afectadas por lindano

Posted by on Ene 18th, 2018 y archivado abajo Comarcas, Portada. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

O voceiro de En Marea, Luís Villares, xunto ao deputado Marcos Cal e reprensentantes de Asemblea GañaMos, mantiveron este mércores unha xuntanza en Mos con varios membros da ‘Plataforma Antilindano’, para denunciar a contaminación por lindano de difentes parroquias do Porriño e de Mos.

A voceira da Plataforma, Patricia Sio, fixo declaracións dende unha das zonas onde se fixo unha das maiores verqueduras do concello de Mos, diante do colexio de Sandiñeda destacando  que “En Marea é polo momento a única forza política que está a escoitar a reivindicacións desta plataforma” e fixo un chamamento ao resto de forzas no Parlamento para que os escoiten e á Xunta de Galicia para que deixe de escorrer o vulto e actúen contra o desamparo que vive a poboación. “Isto é unha catástrofe medio ambiental e sanitaria polo que esiximos un plan integral de descontaminación e un seguimento médico exhaustivo a toda a poboación exposta” reclamou Patricia Sío.

Pola súa banda, Luís Villares, lembrou que estamos a falar dunha sustancia canceríxena que leva 50 anos convivindo entre a veciñanza de Mós e de Porriño. “Vivimos unha situación de contaminación na que é preciso poñer fin unha vez por todas”, indicou, antes de lembrar que “nos anos 90 as administracións iniciaron un proceso de descontaminación que quedou inacabado e do que non se chegou a saber a superficie afectada”.

“Queremos que desta volta si a Xunta se comprometa cun plan de descontaminación integral para as zonas afectadas que abarque tanto ao dominio público como privado, e que se fagan verificacións médicas as persoas expostas”, engadiu, pois “a veciñanza ten dereito a saber en primeiro lugar que pasou e tamén se existe contaminación e as consecuencias e no seu caso ser sometidos aos procesos médicos que leven a acabar coas consecuencias desta exposición”.

O deputado Marcos Cal  lembrou que a administración ten toda a información sobre a situación desde hai anos, “hai informes que falan xa do 2010 que tiñan constancia que as augas subterraneas de Torneiros estaban contaminadas, polo tanto esixiremos responsabilidades por non ten actuado e non permitiremos unha vez máis un peche en falso como se fixo nos 90 e reclamamos que se solucione este problema de xeito inmediato e para sempre”.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM