Vigo al minuto

Asociación Veciñal de Teis pedirá ao presidente Feijóo e ao Goberno do Estado a conversión en urbana da autoestrada AP-9 na súa entrada en Vigo

A xunta directiva da Asociación Veciñal de Teis e de Chapela, entregará este xoves, día 18 de xaneiro, ás 10 e media da mañá, no rexistro do edificio da Xunta en Vigo, dous escritos dirixidos ao presidente do Goberno de Galicia, Alberto Núñez Feijóo,e ao ministro de Fomento, Iñigo de la Serna, solicitando a convocatoria urxente da comisión bilateral de seguimento da AP-9, da que forma parte o Ministerio de Fomento e a Consellaría de Infraestruturas.

“Nesta comisión bilateral de seguimento, queremos que se trate, a conversión da autoestrada AP-9 en urbana desde Padín ao centro con acesos, eliminación da peaxe no tramo Rande-Vigo e  medidas contra o ruído”, sinalan dende a asociación veciñal.

También te puede interesar